Carreira San Xiao Ferrol 2017

34 edición da carreira popular de San Xiao que se vai a disputar no Concello de Ferrol o vindeiro 8 de xaneiro do 2017.

A XXXIV Carreira Popular de San Xiao, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Ferrol -co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo-, “é unha proba deportiva de fonda tradición na cidade cun percorrido de 10 quilómetros polo municipio”, salientaba hoxe o concelleiro de Deportes, Suso Basterrecha, que animaba aos afeccionados a inscribirse na proba desde xa mesmo, tras lembrar que a diferencia doutras competicións, esta carreira popular é de balde e non ten coste na inscripción.



A XXXIV carreira de San Xiao terá o punto de saída no pavillón polideportivo de Esteiro, o domingo 8 as 11:00 horas, e a meta no mesmo lugar. A entrega de trofeos terá lugar as 13:00 horas para os tres mellores de cada categoría.

As inscricións das categorías absolutas poderán efectuarse desde xa mesmo ata as 22.00 h do día 3 de xaneiro a través da páxina web habilitada pola organización ou ata o fin de dorsais (1.000 unidades).

A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do sábado 7 (de 9.30 a 13.30) no Pavillón polideportivo da Malata, así como o domingo 8 de xaneiro, dende as 8.00 ata as 9:30 horas no pavillón de Esteiro.