jueves, 12 de enero de 2017

Entroido de Laza 2017

Programa de días do Entroido de Laza 2017

Cartel anunciador do entroido 2017 programa completo #entroido2017 #Laza







XOVES DE ENTROIDO 23 de febreiro 2017

O xoves anterior ao venres de Entroido celébrase o Dí­a das Comadres. Dise que as mulleres reuní­anse cando non era costume que estas saí­sen cos seus maridos. Falaban das súas cousas ou fací­an doces para as festas. Co paso dos anos destas reunións saí­an cancións que teñian que ver cos labores cotiáns, co pobo, etc., e que se foron pasando de xeración en xeración.

VENRES DE ENTROIDO 24 de febreiro de 2017

Durante o dí­a vanse facendo os preparativos para que todo este a punto. O máis importante do dí­a virá pola noite, cando de comezo o Gran Folión. Este consiste nunha exaltación de emocións, para desprenderse e protexerse dos malos espí­ritos. As persoas que asisten, levan diversos obxectos como fachóns de palla, cobelleiros, bombos, latas que fan soar, etc. Todo obxecto susceptible de soar que se nos ocurra. Os chocos soarán por última vez andes de chegar o domingo.

O Folión comenza no barrio da Cerdeiriña, para subir ata a Picota. Desde alí­, pola Rúa, chegaremos a Souteliño. De volta para Laza, de novo pola Cerdeiriña, pásase por Barrio para subir a Cimadevila e ao Solado, onde finaliza. Percorréronse uns 6 km cantando e bebendo e a festa continúa ata o dí­a seguinte.


SÁBADO DE ENTROIDO 25 febreiro

Chega o sábado de Entroido e o corpo está cansado do Folión… Pero non se para. Os mozos e mozas ultiman os preparativos das carrozas que sairán o domingo, prepárase a Cabritada dos Moz@s para pola noite e os Peliqueiros, sacan brillo aos zapatos e mailos chocos.

Pola tarde, os rapaces máis cativos teñen o día grande deles: a Fariñada dos Nen@s. Algúns corren polas rúas cos chocos e coa zamarra, afinando o són desas choquiñas que ao día seguinte, sairán novamente na estrea.

DOMINGO DE ENTROIDO 26 febreiro

Moitos/as aí­nda sen durmir, percorren as rúas. O dí­a amanece e óense os primeiros Chocos. Chegou a Estrea dos Peliqueiros. Por tradición, dan os bos dí­as aos veciños percorrendo as rúas co son dos Chocos. Aqueles que aí­nda dormen, empezan a espertarse. Con elegancia, percorren a Praza da Picota.

Á Saí­da da Misa, amablemente, saúdan aos que asistiron á mesma. Desde alí­, nunha longa fila dirí­xense á Cerdeiriña. Van a recoller o carro da Bica. De volta na Picota, faise o Reparto da Bica entre os asistentes ata que esta se acabe.

Cando este acto finaliza, os Peliqueiros, en grupos reducidos, van casa por casa a facer unha visita a todos aqueles que por un ou outro motivo, non puideron ir á Picota.

Pola tarde, o Desfile de Carrozas dá entrada á festa da tarde. As oruquestas amenizan o baile. Trala cea, a festa continúa.


LUNS DE ENTROIDO 27 febreiro

O luns és o dí­a que se está convertendo no máis importante. Non porque sexa o mellor, sinó porque é distinto aos demais dí­as. Os Peliqueiros madrugan e saúdan novamente aos veciños.

A media mañá, cando o corpo aí­nda non está descansado, ten lugar a Farrapada. Unha batalla con farrapos (trapos) untados en bulleiro entre os que asistan á Praza da Picota. Os que por alí­ se asomen, serán víctimas do lodo. Os non residentes en Laza son os que máis participan. É normal, non é algo que se faga habitualmente.

Como nota interesante, debo de dicir que o que prima é divertirse, non facerse dano tirando os trapos ou outra forma que poida lesionar a calquera. Consiste en manchar de bulleiro ás persoas que se atopen limpas, non en mancalas. Mentres a farrapada ten lugar na Picota, a Xitanada dous Burros percorre as rúas.

Pola tarde, a iso das seis ou sete, as Formigas e a Morena invaden a Picota, acompañados por fariña, toxos e cobelleiros, o Burro e os Peliqueiros.

Cando remata, faise o Reparto das Cachuchas (cabeza de porco cocida), o pan e o viño.


DOMINGO DE PIÑATA 5 de marzo

O domingo de Piñata é o seguinte ao domingo de Entroido. Serí­a un domingo calquera de non ser que algún Peliqueiro fixese soar os Chocos. Trátase do último día do ano no que se pode poñer o Peliqueiro. Todo aquel que non puidese poñelo nos pasados días de Entroido, ésta é a última oportunidade.


MARTES DE ENTROIDO 28 febreiro

Os Peliqueiros Veteráns dan inicio a este dí­a. Con elegancia e saber estar pola experiencia, corren polas rúas e na Picota. Aquí non importa a velocidade da zancada, importa o estilo. Os anos pesan e a velocidade da xuventude deixa paso ao porte con clase. Cara o mediodía, percorren as casas do pobo para facer a visita aos veciños.

Pola tarde, o desfile de carrozas percorre novamente as rúas. Lese o Testamento e faise o Enterro do Entroido ou Queima do Arangaño.

O Entroido está a piques de rematar. Os Peliqueiros amosan o seu loito tralo enterro portando un pano negro que cruza a mitra da Careta de lado a lado. A verbena porá o punto e seguido ao Entroido do ano seguinte.

Información completa y actualizada en http://www.laza.info/laza/

No hay comentarios: