martes, 3 de enero de 2017

Horario cabalgata Reis Magos Ferrol 2017

Recorrido da cabalgata dos Reis Magos en Ferrol

Este xoves día 5, as 18:00 desde a rúa Venezuela e rematará cunha recepción aos nenos e nenas no recibidor do Concello de Ferrol. Como é tradición, os Reis Magos chegarán por mar a nosa cidade ata o peirao de Curuxeiras, sobre as 17:30 horas, de onde partirán ata o barrio de Ultramar, onde comeza o percorrido.

Participan 90 nenos e nenas elixidos por sorteo público entre todos os que se anotaron (178) para formar parte da cabalgata de Reis no prazo aberto no Rexistro do Concello de Ferrol entre os días 13 e 16 de decembro. Os nenos irán repartidos entre as carrozas -10 nenos como máximo, con dous monitores- e foron excluídos os que xa participaran na de Papá Noel o día 24 e distribuirán polas rúas mais de dous mil quilos de caramelos sen gluten.

Estará formada por 10 carrozas, de 5 a 8 metros de longo, e contarán cun eixo temático central baseado nas artes: música, pintura, teatro, nas que as tres centrais irán ocupadas polas súas maxestades de Oriente e o portal de Belén. Unha das carrozas estará preparada para a accesibilidade de nenos con diversidade funcional e outra contará cunha temática específica sobre os dereitos humanos e a solidariedade.

Da comitiva participan tamén, como xa é tradición, o vello e fermoso camión dos bombeiros da cidade, o tren turístico e un camión de Marina.

Percorrido e Horario:

Horario: Saída da comitiva as 18.00 horas rúa Venezuela e chegada aproximada ao Concello entre as 19.30 e as 20.00 horas.

(Desprazamento das carrozas dende Fimo ata a rúa Venezuela as 16.30 horas custodiadas pola Policía Local e Protección Civil. Tráfico aberto pero controlado e lento. Itinerario: Estrada da Cabana, FE15, Rotonda de Basanta, FE13 e rúa Venezuela)

Percorrido: Venezuela, Colombia, estrada de Castela, Praza de España (entrada polo lateral do ambulatorio), Real, Arce, Praza de Amboaxe, Dolores e Concello de Ferrol.

Recepción dos Reis Magos no Concello.