jueves, 19 de enero de 2017

O Camiño Portugués pola costa hoxe en Fitur 2017

La Diputación de Pontevedra presenta este jueves en FITUR El Camino Portugués por la Costa #ríasbaixasway
A presidenta Carmela Silva presentará a ruta, un fío condutor para converter en protagonistas aos quince concellos polos que transcorre. O acto será retransmitido en streaming a través de www.depo.es e das redes sociais da Deputación



A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do deputado delegado de Turismo Rías Baixas, Santos Héctor Rodríguez, de deputadas e deputados provinciais e alcaldes, alcaldesas e representantes dos concellos da provincia de Pontevedra, presentará este xoves en FITUR o Camiño Portugués pola Costa, fío condutor que permitirá á institución divulgar os atractivos turísticos de quince concellos polos que transcorre a ruta e as principais experiencias turísticas que se poden desenvolver mentres se percorre o camiño.

A Deputación de Pontevedra seleccionou o Camiño pola Costa, oficializado no 2016, para a promoción deste ano "porque –tal e como manifestou a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva- estamos convencidas e convencidos de que se converterá nun referente clave para o turismo na provincia e que ten no mar, no Océano Atlántico, o elemento diferenciador que a distingue do resto do Camiño e a converte nunha experiencia inesquecible".

A presentación de Turismo Rías Baixas en FITUR, que será retransmitida en streaming a través da web www.depo.es e das redes sociais da Deputación, acompañarase de vídeos promocionais e da música de Teo Cardalda, quen presentará na feira o tema "Un lugar en el mundo" que compuxo especificamente para promover o destino Rías Baixas. Todos os elementos promocionais realizados para a feira converterán en protagonistas ós quince concellos polos que transcorre o Camiño Portugués pola Costa (A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Portas, Caldas, Valga e Pontecesures), dando a coñecer o seu patrimonio histórico, as tradicións ligadas ó mundo pesqueiro, os ecosistemas sostibles, a arqueoloxía, os cascos históricos, o enoturismo e o termalismo.

Amais, a todas as persoas presentes se lles achegará un caderno de viaxe ó redor do cal se desvelará, mañá, un elemento sorpresa inédito en Fitur que –segundo destacou Carmela Silva- "é un xeito creativo e único de dar a coñecer a nosa provincia, converténdonos, unha vez máis, nunha provincia innovadora, xa que ten que ver coas novas tecnoloxías, coa aposta que ten este novo goberno da Deputación por transmitir unha imaxe vangardista da provincia".

A institución provincial aproveitará a súa presenza en FITUR para establecer un contacto permanente con turoperadores, representantes do sector turístico e medios de comunicación co obxectivo de transmitir os atractivos de Rías Baixas.  Para elo, durante a xornada de mañá (ademais da Presentación do destino Rías Baixas que terá lugar ás 12:00 no stand de Turgalicia), a Deputación apoiará a Vigo na presentación que realizará das Illas Cíes no stand de Galicia e que continuará cun almorzo no Espazo Atlántico de Pepe Solla. Tamén asistirá á presentación que a Mancomunidade do Salnés e o Concello de Cambados realizarán no stand de Turgalicia e reunirase co Director Xeral da Escola de Organización Industrial (EOI). Xa pola noite, ás 20:30, representantes da institución provincial asistirán na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles á "Noite Q 2017" onde se fará entrega da renovación do distintivo Q de Calidade das oficinas do Palacete das Mendoza e do Mosteiro de Armenteira.

A promoción do destino Rías Baixas, aproveitando as sinerxías de FITUR e a asistencia de milleiros de persoas procedentes de todo o mundo a Madrid con motivo da feira, complementarase coa imaxe de Turismo Rías Baixas rotulada nun dos autobuses turísticos de dous andares que percorre os principais puntos de atracción turística da capital ata finais de mes.

No hay comentarios: