miércoles, 11 de enero de 2017

Rutas BTT recorre en bicicleta Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da área de Turismo, na súa aposta por poñer en valor o patrimonio ambiental e rural, e fomentar deporte e natureza en familia, ven de presentar hoxe seis rutas para percorrer en bici, a cabalo ou a pé que suman mais de 100 quilómetros de percorrido polo municipio, fundamentalmente na zona rural.

As seis rutas BTT están recollidas nun folleto turístico www.ferrolactivo.es que forma parte da oferta turística que o Concello levará a Fitur 2017 a vindeira semana, na presentación que terá lugar o mércores 18 as 18:00 horas.

O proxecto, que foi posible gracias a colaboración entre o Concello, a través da Sociedade Mixta de Turismo, e a Asociación de Veciños Val de Esmelle e o centro BTT de Esmelle, presentouse este mediodía en rolda de prensa coa presenza do concelleiro de Turismo, Suso Basterrechea, o presidente da AVV de Esmelle, Rafa Beceiro, e Manuel Dorrío, na Biciescola de Esmelle, na que están inscrito medio cento de nenos e nenas.

“Pasa por potenciar o que demos en chamar Turismo Activo, un lema co que acudimos este ano 2017 a Fitur, explotar a beleza do Val de Esmelle, cunha actividade ao aire libre que se pode e se debe practicar en familia, para todos os niveis, e que auna deporte e natureza”, destacou Basterrechea.