viernes, 27 de enero de 2017

XVII Mostra de Teatro Clásico Lugo 2017

A XVII Mostra de Teatro Clásico, que acollerá o Auditorio Municipal Gustavo Freire do 3 de febreiro ao 19 de marzo, inclúe ademais dunha sección oficial de representacións, unha sección off, con actividades na rúa ou espectáculos de pequeno formato. 


Este último programa terá lugar dende o luns 30 ao venres 19 de marzo en diferentes lugares da cidade, ademais do auditorio.

Os bonos poderán mercarse dende hoxe e ata o 31 de xaneiro a través do portal web www.entradaslugo.es e as entradas a través desta mesma plataforma tamén dende hoxe e ata 3 horas antes de cada función. Así mesmo, poden adquirirse no auditorio, os venres entre o 3 de febreiro e 19 de marzo, das 18:00 ás 21:00 horas, e o día da función dende unha hora e media antes do comezo do espectáculo, e no Centro de Interpretación da Muralla. 

As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.