lunes, 20 de febrero de 2017

A Volta ao mundo en 80 Entroidos na Cidade da Cultura

A volta ao mundo en 80 Entroidos

A Cidade da Cultura convídavos o 27 de febreiro a un Baile de Entroido viaxeiro, no que percorrer o mundo descubrindo os diferentes entroidos galegos e a celebración do Carnaval nos diferentes continentes a través da danza.


A volta ao mundo en 80 Entroidos descubriranos, a través da música e o baile, as nosas tradicións no Entroido e as de países como Brasil, Colombia, Portugal ou Perú. Da man de Entroidanzas, un animado espectáculo de iniciación ao baile a cargo de Pesdelán, viaxaremos polas culturas máis diversas dunha forma lúdica, imaxinativa, divertida e en familia. O Baile de Entroido finalizará cunha sesión DJ moi especial a cargo de Bigote Mix, na que seguir gozando con todo tipo de músicas propias destas datas. 

Unha xornada chea de ritmo, baile e espírito do Entroido!

Entrada: 3€. Á venda no Museo Centro Gaiás, ataquilla.com (+gastos de xestión) e puntos físicos de Ataquilla.
Billeteira (o día do evento): 4€.  Sen posibilidade de acceder a descontos ou promocións.

No hay comentarios: