martes, 7 de febrero de 2017

Entroido de Tapas Sada 2017

CONCURSO ENTROIDO DE TAPAS en SADA 2017
A concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Sada organiza ó II CERTAME "ENTROIDO DE TAPAS"co obxectivo de promocionar e potenciar o sector hostaleiro, a restauración e o turismo no municipio a través da temática do entroido, ademáis de fomentar o uso das redes sociais e as novas tecnoloxías na cidadanía.

No II CONCURSO "ENTROIDO DE TAPAS"pode participar calquera establecemento adicado á hostalaría e restauración do concello de Sada. Cada establecemento participante poderá presentar a concurso un máximo de unha tapa, debendo contar entre os seus ingredentes básicos con productos típicos da Sada e comarca, e que sexan acordes coa festividade do entroido.
Preme nas seguintes ligazóns para obter máis información: