Jornada formativa en Ferrol para turismo y hostelería

FERROL APOSTA POLA SUSTENTABILIDADE TURÍSTICA CUNHA XORNADA FORMATIVA PARA TURISMO E HOSTALERÍA

Promovida pola Empresa de Turismo será os días 2 e 3 de marzo. Os interesados poden anotarse no correo mlopezturismo@ferrol.es xa que as prazas son limitadas

Ferrol fai unha aposta decidida pola Sustentabilidade Turística a través dunha xonranda formativa orientada a empresararios e profesionais do turismo e da hostalería de Ferrol e comarca, centrada, específicamente, nos beneficios de entender e aplicar a sustentabilidade no día a día das súas empresas.

A xornada, que terá lugar o vindeiro 2 de marzo, está promovida pola empresa de turismo do Concello e ven motivada pola declaración deste ano 2017 como Ano do Turismo Sustentable pola Unesco.

O obxectivo da xornada é sensibilizar ás empresas de Ferrol sobre os beneficios de aplicar criterios de sustentabilidade nos seus negocios, en beneficio do medio ambiente e da economía e cultura local. “O turismo sustentable non é unha moda e cada vez máis os viaxeiros valoran aloxamentos e empresas sustentables”, manifestou Maria López, xerente de Turismo na cidade.

Os beneficios de aplicar este criterios pódense ver en tres grandes liña: a ética empresarial, o márketing e a xestión.

Mentres que o compoñente ético liga á empresa aos valores universais do Ano Mundial do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento 2017, como foi declarado por Nacións Unidas, os beneficios da xestión sustentable tradúcense para a empresa en aforro de todo tipo: enerxía, auga, papel, combustibles, espazo, entre outros. Pola súa banda, o márketing proactivo da sustentabilidade concede á empresa beneficios de imaxe e de posicionamento da súa marca nun mercado de demanda que é cada vez máis sensible e esixente con estes temas, tanto por parte dos clientes turísticos como por parte da sociedade en xeral.

Na xornada vanse tratar estes tres aspectos por medio de experiencias accesibles, casos reais e boas prácticas que poden aplicar de forma inmediata os empresarios turísticos e hostaleiros do Ferrol e a súa contorna.

A xornada será a tarde do xoves 2 de marzo, en horario de 16:00 a 20:00 e o venres 3, de 9:30 a 13:30 h. para facilitar a asistencia do maior número de empresas posibles, na sala do centro de exposicións do porto de Ferrol, coa colaboración da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

A sustentabilidade enfocarase nesta xornada desde os seus catro alicerces: ambiental, social-cultural, paisaxístico e económico-empresarial. A cada un deles correspóndenlle unhas accións concretas, sinxelas e pouco custosas, con visión a longo prazo, que garanten que o destino turístico Ferrol sexa cada vez máis amigable e máis competitivo, como consecuencia directa de aplicar a sustentabilidade real.

Nesta xornada tamén se vai abordar de xeito específico o que nos dí a intelixencia de mercado sobre a demanda crecente de turismo responsable, así como as redes e plataformas en España e en Europa que nos van a permitir con facilidade estar ao día das últimas tendencias en turismo responsable no mundo.

O contido da xornada estará a cargo de José María de Juan, Vicepresidente de EARTH-European Alliance for Responsible Tourism and Hospitality (Bruxelas), e representante en España da certificación internacional en sustentabilidade integral e turística Green Destinations-Quality Co