miércoles, 22 de febrero de 2017

Mostra do Encaixe de Camariñas 2017

A XXVII Mostra do Encaixe de Camariñas xa ten cartel para este ano 2017

A imaxe de nove nenas das Escolas Municipais de Palillo recrea unha fotografía de 1912.

O evento terá lugar entre os días 12 a 16 de abril.

A Casa de Pedra acolleur a presentación do cartel que representará a XXVII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. 

As nenas e nenos das escolas de palillo agardaban expectantes polo resultado final. A idea partiu do fotógrafo camariñán Diego Alonso, quen xunto a María José Carril, traballou neste proxecto persoal que presentaron ante responsables do Concello e da Mostra. 

A idea gustou. Comenzaron entón os preparativos: escoller as candidatasentre as máis de 40 nenas das escolas, implicar as nais e familias para preparar a indumentariadas nenas, maquillaxe, perruquería…todo na procura dunha imaxe similar á de 1912 donada por Mariluz González Soto que se conserva no Museo do Encaixe.A idea gustou dende o principio porque “supón un recoñecemento ao futuro do Encaixe, as 48 nenas e 2 nenos que actualmente participan nas escolas municipais, unha homenxe - segundo Manuel V. Alonso, alcalde de Camariñas - ao sacrificio e esforzo cara un futuro, o de Camariñas,que está no Encaixe”.

Coincidía Sandra Ínsua, Concelleira do Encaixe nesta homenaxe as nenas e nenos que palillan e que “son, ao fin, as protagonistas da Mostra pois cada ano están máis implicadas palillando para preparar as pezas que lucen nos desfiles do PequeEncaixe. Esta imaxe auna, como indica alenda, tradición e futuro”.

“Artistas con maiúsculas” era o calificativo co que a directora da Mostra, Dolores Lema, se dirixia aos nenos, salientando a constancia e dedicación ás clases de palillo e destacando a encomiable labor da mestra Beatriz Dios.

Pouco quiso adiantar a directora sobre as novidades deste ano na Mostra - que se celebrará entreo 12 e o 16 de abril - pois hoxe, as protagonistas, eran as nenas. Haberá novidades no diseño edecoración da pasarela, na montaxe, e no número de coleccións, que será maior. Tan sóconcretou as novidades no respecto as delegacións internacionais: a presencia por primeira vezdunha delegación