sábado, 25 de febrero de 2017

Programa Sábado 25 febrero Entroido de Verin

SÁBADO DE ENTROIDO (25 de febreiro) ENTROIDO DE VERIN

Ás 17:00 horas, o protagonismo será para un acto que cada vez convoca a mais espectadores, O “Bautizo do Cigarrón”, momento solemne e esperado polos novos cigarróns no que serán investidos por primeira vez, na Praza da Mercé. A banda sonora da cerimonia e da homenaxe estará a cargo das charangas Fuego e Támega,  que percorrerán as rúas durante toda xornada. Ás 18:00 horas, a Praza da Mercé acollerá un divertido baile de capuchóns e mascaritas, amenizado pola Discomóbil Son de la Nuit.

Pola mañá, as Charangas Fuego e Támega percorrerán as rúas. Xa pola tarde, a partir das 19:00 horas, contaremos cun divertido circuíto no que as Charangas. Fuego (19:00 horas), Támega (20:00 horas) levarán a música e a festa polas rúas Montemaior (saída), Lisa, Cruz, Praza Edesio Fuentes, Praza da Mercé, e regresarán a rúa Montemaior.

A festa continuará, a partir pola tarde/noite na Praza Maior co Grupo Claxxon e a orquesta Televisión.