Sabores do Entroido no barrio de Ultramar en Ferrol

O barrio de Ultramar súmase desde este venres 24 de febreiro aos festexos do Rexurdimento Entroido ferrolán deste ano 2017 cunha proposta gastrónomica que ven da man de Ultramar Village, co respaldo do Concello de Ferrol, a través da Concellería de Promoción Económica.

Sabores de Ultramar, do 24 ao 28 de febreiro, comeza este venres 24, en 11 establecementos, cunha reinterpretación gastronómica do tradicional cocido en novos formatos, e estirase ata o martes 28.

O mapa dos establecementos participantes pódese ver na web de Ultramar Village https://www.ultramarvillage.com/inicio

As tapas serán mais grandes do habitual, do tamaño de medias racións, a un prezo único de 4 euros, o mesmo que as Viandas do Entroido que ofrecen, nas mesmas datas, os hostaleiros do centro.

TAPAS e LOCAIS PARTICIPANTES EN SABORES DE ENTROIDO

- Aloha Surf & Food: Crepe de lacon, grelos,chorizo y queso del país
-Casa Juan: Cocido de sempre
-Cervecería Las Gaunas: Pastelón de cocido
-Mesón A Canfurnada: Albóndigas de cocido
-Mesón Alfonso 
- Mesón Mateo: Tripas 
- Mesón O Pazo: Tortilla de lacón con grelos y chorizo
- Puro Gusto: Milhoja de cocido gallego con chupito de sopa 
- El 130 (antiguo Pisani): Croquetas de cocido 
- Taberna O Trisquel: Oreja a la plancha con pure de patatas y crema de grelos 
- Valencia Entroido doce: Copa de espumoso galego e prato doce a escoller entre unha orella, unha torrada ou dous freixós