Vuelos de Vigo a Barcelona con Ryanair

Ryanair amplía a oferta de vuelos a Barcelona os luns e venres entre abril e xuño de 2017

O alcalde de Vigo informou da posta á venda dos billetes  para conectar Vigo coa capital condal os luns e os venres pola mañá, entre abril e xuño, unha "boa noticia que amosa como tira o aeroporto de Vigo". 

A partir do mes de abril, Ryanair engade dúas frecuencias á súa oferta para conectar Vigo con Barcelona, de maneira que os luns e os venres se poderá elixir horario de mañá e de tarde. O rexedor valorou esta decisión como "unha moi boa noticia que amosa como tira o aeroporto de Vigo que é quen de xerar case catro voos ao día con Barcelona". 

Segundo anunciou Caballero, os billetes cos novos horarios estarán dispoñibles dende esta tarde para viaxar nos meses de abril, maio e xuño. Nestes momentos, os pasaxeiros que elixen a compañía para voar a Barcelona poden facelo os sete días da semana pola tarde e, dende abril, poderán facelo tamén os luns e os venres ás 11:30 horas da mañá. Unha frecuencia que Ryanair non descarta ampliar unha vez que estude a operatividade nestes dous meses. 

Ademais, o rexedor lembrou que lle reiterou a súa proposta dun voo a Madrid ao responsable de vendas de Ryanair para España e Portugal, nunha reunión celebrada a semana pasada. A compañía "nin asegura nin descarta" esta demanda, aínda que informou a Caballero da ampliación da súa flota, o que lle permitirá maior operatividade nun ano ou ano e medio. 

En canto aos datos do aeroporto de Vigo relativos ao mes de xaneiro, o alcalde apuntou que o decrecemento do 1% se debe á decisión de retirar os voos do IMSERSO desde a cidade, o que lle resta á terminal un total de 23.000 prazas. Segundo explicou, esta decisión "favorece a Santiago" e prexudica aos usuarios de Vigo que deben desprazar ata Pontevedra e, dende alí en autobuses a Santiago para voar ao seu destino, polo que reiterou a súa petición ao IMSERSO de que "se deixe de favoritismos" coa capital de Galicia.