viernes, 17 de marzo de 2017

Carreira Popular nocturna Torre de Hércules

A sétima edición da proba Torre de Hércules - Trofeo José Antonio Valera Calviño, cuarta cita do V Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, celebrarase o próximo sábado 1 de abril. A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, área que dirixe José Manuel Sande, lembra que o prazo de inscrición para participar nesta carreira, cuxa categoría absoluta transcorre en horario nocturno, estará aberto ata o martes 28 de marzo, ás 23.59 horas, a través da web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares.