martes, 21 de marzo de 2017

De pinchos e tapas por Cabanas

Ruta do pincho en Cabanas con Tapeando Cabanas

Oito establecementos toman parte na iniciativa, que promove a Concellería de Turismo de Cabanas ata o día 9 de abril

“Tapeando Cabanas”, a ruta do pincho que promove o Concello a través da Concellería de Turismo e en colaboración co sector, arrancaba este mediodía cunhas propostas de primeiro nivel. Son oito os establecementos participantes na proposta, coa que se ofrece disfrutar da localidade e, ó mesmo tempo, da súa gastronomía.

Establecementos como Casa Campos, A Estrela do Eume, BK22, La Encina, La Solana, O Gaiteiro, O Mesón de Cabanas e Yellow participan nesta edición

Todos eles ofrecerán as súas mellores propostas gastronómicas con cada consumición e ao prezo de 1,50 euros. Saborosas recetas a degustar as fins de semana –de venres a domingo en horario de cociña-. E ata o 9 de abril.

Unha vez máis, os clientes serán os encargados de elixir o mellor pincho e, para isto, deberán cubrir una papeleta co seu nome e elección. O gañador recibirá unha placa e un diploma conmemorativo. Ademais, tamén haberá importantes premios para as persoas que proben as tapas. Así, os que selen nun mínimo de cinco establecementos entrarán no sorteo de obsequios donados polos propios locais, namentras que aqueles que completen a ruta poderán acceder ao sorteo dos agasallos que cede o Concello: unha estancia nun balneario para dúas persoas e dúas entradas para asistir a un dos espectáculos da programación do Teatro Jofre.

A degustar:

A Estrela do Eume: Tosta da Terriña (cachelos, lacón e polbo en pan de millo gratinado con queixo San Simón)

BK22: O meu segredo ós 3 queixos con milfollas de cabaciña e patacas da avoa

Casa Campos: Rabo de touro con cogomelos e crocante de queixo da Capela

La Encina: Cocido con crocante de grelo

La Solana: Tosta de froitos do mar con verduriñas

O Gaiteiro: Sardiña marinada con pisto caseiro.

O Mesón de Cabanas: Xamón asado con salsa de champiñóns e puré de pataca

Yellow: Tosta de roxóns con queixo do país da Capela

No hay comentarios: