Festa da Ostra Arcade 2017

XXXI edición da Festa da Ostra que se celebrará en Arcade os días 1 e 2 de abril

O prezo das ostras ao natural será a ducia a 7 € e a empanada de ostras e as ostras en escabeche a ración será a 6 €. O viño ribeiro a 4 € e o albariño de Soutomaior a 8 €.


Os actos festivos iniciaranse o sábado día 1 ás 11,00 horas cunha exhibición en talla de madeira con moto serra de Marcos Mariño, ás 12,00 a apertura das casetas de venda de ostras todo iso amenizado coa charanga “a cabeza non para”.

Ás 22,00 horas poñerase en marcha a verbena popular coas orquestras Xacobeo e Paris de Noia.

No intermedio da verbena, ás 24,00 horas, haberá unha tirada de fogos artificiais.

O domingo 2 as casetas das ostras abriranse ás 10,00 horas e ás 11,00 h. as bandas de música Artística de Arcade e Banda de música Cultural de Arcade ofrecerán as súas tradicionais pasarrúas.

Ás 13,00 horas terá lugar o pregón da festa a cargo do actor e humorista galego Luís Zahera en cuxo currículo aparecen, entre outras, as series Mareas Vivas, O Comisario, Hospital Central  ou as películas Cedla 211, 23-F a película, Que Dios nos perdone, etc. sendo nomeado como mellor actor de repartición en varias edicións dos premios Mestre Mateo e mellor actor noutros festivais e mostras de cinema.