Gastrosexología e Albariño en Cambados

CAMBADOS CELEBRARÁ A PRIMEIRA XORNADA DE GASTROSEXOLOXÍA E ALBARIÑO

A I Xornada de Gastrosexoloxía do albariño terá lugar este sábado 1 de abril no Salón de Congresos e Exposicións José Peña as 20:00.

Cambados prosegue coas actividades da Cidade Europea do Viño, neste caso cunha xornada de gastrosexoloxía que impartirá a psicóloga e sexóloga Mónica Novas, e contará coa colaboración de Óscar de Toro e José Soto, que son destacados baristas e sumilleres. 

A actividade está dirixida a todo tipo de público, falarase da relación dos alimentos co pracer e dos mecanismos psicolóxicos que influen en este. 

A xornada é o 1 de abril (sábado), a partir das 20.00 horas, na que se terán en conta as preparacións relacionadas co albariño, xa sexa en forma de viño, de destilado ou de doce. 

As adegas colaboradoras Terras de Lantaño, Santiago Roma, Albamar, Lagar de Besada y Eidosela porán os Rías Baixas; a DO Augardentes e licores tradicionais de Galicia e a IXP Mel de Galicia.

Hai 50 prazas e a actividade é gratuita previa inscripción na Oficina de Turismo, teléfono 986 52 07 86 ou no mail turismo@cambados.es.