Andainas Costa da Morte 2017

ANDAINAS COÑECE A COSTA DA MORTE 2017



INSCRICIÓNS:

Para participar no programa de andainas debes inscribirte no teu concello. No caso de non pertencer a ningún dos concellos organizadores, poderás inscribirte en calquera deles.

Poderán participar nenos/as a partir de 7 anos, acompañados dun adulto responsable (ata 16 anos) e os pais deberán asinar unha autorización.
O prazo de inscrición rematará o xoves previo á realización da actividade.

ANDAINAS:

1 abril - Dumbría. Olveiroa, río e pedra (lineal)
8 abril - Cee. Da Xunqueira a San Estevo: tralas pegadas dos nosos ancestros (lineal)
22 abril - Ponteceso. Xornes: pazos e río Anllóns (lineal)
6 maio - Camariñas. De costa a costa (lineal)
13 maio - Muxía. Ponte Constante - Caldeiras do Castro (lineal)
20 maio - Corcubión & Fisterra. De faro a faro polo camiño de Santiago (lineal)
3 xuño - Vimianzo. Os muíños de Cambeda (circular)
10 xuño - Mazaricos. Ruta de Pontenova (circular)

DISTANCIAS E HORARIOS:

As distancias das rutas poderán variar entre os 10 e os 15 quilómetros.
A organización poderá modificar o percorrido previsto se o estima oportuno.
As andainas comezarán ás 10:00 a.m. e rematarán entre as 13:00 e as 15:00 p.m. dependendo do traxecto.

BUSES:
Cada concello fretará un autobús para o desprazamento dos participantes, sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. En caso contrario, os participantes deberán desprazarse pola súa conta ata o punto de partida da ruta.