Feira do viño do Ribeiro 2017

Feira do viño Ribeiro 2017 Ribadavia

Espectacular o cartel de este ano  obra da autora Agustina Jouandon, profesional do sector do deseño gráfico e a ilustración, orixinaria de Argentina pero residente en Santiago de Compostela. A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 54ª edición, terá lugar os vindeiros días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2017, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense)


Ribadavia
54 edición feira do viño do Ribeiro en Ribadavia

As actuacións musicais previstas na FVR serán

Actuacions musiciais FVR 2017
SÁBADO 29 ABRIL 2017

SESIÓN VIÑO APERITIVO:
Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Roger de Flor”

SESIÓN NOCTURNA:
Ás 21.00 h, no palco da Alameda: “En Mala Hora”

DOMINGO 30 ABRIL 2017

SESIÓN VIÑO APERITIVO:
Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Marem Ladson”

SESIÓN NOCTURNA:
Ás 21.00 h, no palco da Alameda: “The Teta´s Van”

LUNS 1 MAIO 2017
SESIÓN VIÑO APERITIVO:
Ás 13.30 h, no palco da Alameda: “Gonzalo Arca”

O escenario das actuacións estará situado na zona das Food Trucks, na que haberá cinco postos de comida máis unha pulpeira, na que se ofertará unha gastronomía variada e moi apetecible para todos os públicos.

As actividades previstas son:

O sábado día 29 de abril, ás 18.00 h, o sumiller Daniel Marín será o encargado de guiar unha cata por parellas, unha novedosa actividade que pretende achegar e descubrir os viños do Ribeiro ao público que nela participe.

Ás 19.00 h, o primeiro obradoiro de cociña desta edición, terá como protagonista a Daniel López, cociñeiro do Restaurante O Camiño do Inglés, de Ferrol (A Coruña), recente finalista no Premio Cociñeiro Revelación de Madrid Fusión 2017 e finalista do Premio Cociñeiro Novo 2017 no Fórum Gastronómico de A Coruña. Estará acompañado polo sumiller Daniel Marín á hora de harmonizar os viños coas súas elaboracións.

O domingo 30 de abril, o responsable de abrir os obradoiros de cociña, na sesión matinal das 12.30 h, será Iván Domínguez, chef do Restaurante Alborada (A Coruña), pertencente ao Grupo Nove e que conta cunha Estrea Michelin. Estará acompañado do sumiller Eduardo Camiña Ucha, recente gañador do Premio Magnum outorgado polo Instituto Galego do Viño ao “mellor sumiller no tratamento do viño galego”.

Eduardo Camiña Ucha tamén será o encargado de impartir unha cata comentada (18.00 h) con varios viños do Ribeiro presentes no evento.

Para rematar a sesión dominical, o cociñeiro Iñaki Bretal do Restaurante O Eirado da Leña (Pontevedra) e membro do Grupo Nove, ofrecerá un showcooking ás 19.00 h, no que contará coa presencia de Eduardo Camiña Ucha para maridar os viños.

Finalmente, o luns día 1 de maio será o turno dos máis cativos. Ás 12.00 h, Ana Oca, finalista do concurso de TVE “MasterChef Junior”, impartirá un obradoiro infantil para que os máis pequenos gocen das súas habilidades culinarias.

Moita más información na web oficial http://feiravinoribeiro.com/