Hoxe finaliza o prazo de presentación do concurso de carteis da Festa do Melindre de Melide

O cartel vencedor anunciará a XXVI Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide. O prazo de entrega das propostas finaliza o 12 de abril. Poderán participar no concurso os maiores de 15 anos cun máximo de 3 traballos por autor/a sempre que estes sexan orixinais.


O Concello de Melide convoca o VI concurso de carteis co fin de anunciar a XXVI Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de Melide, que terá lugar como é habitual o 2.º fin de semana do mes de maio. Conta unha vez mais coa colaboración da Asociación de Repostaría Tradicional da Terra de Melide, Melide Terra Doce e do Balneario Río Pambre. 

O primeiro premio ascende a 500€ xunto cun lote de produtos da respostaría tradicional da Terra de Melide. Poderán participar no concurso os maiores de 15 anos cun máximo de 3 traballos por autor/a sempre que estes sexan orixinais. O material empregado e a técnica será libre, manual, mecánica ou dixital e presentaranse obrigatoriamente en soporte dixital sen sinatura de autor/a. O seu formato de deseño deberá axustarse para que sexa posible a súa reprodución en vertical e en tamaño 50x70 cm. 

O cartel deberá levar o título e a data da festa: XXVI Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide –13 e 14 de maio de 2017– Festa de Interese Turístico de Galicia. Os candidatos/as presentarán os seus traballos no Rexistro Xeral do Concello de Melide baixo plica e poderán facelo ata o luns, 12 de abril de 2017. 

Os premios do concurso son patrocinados un ano máis polo Balneario Río Pambre e pola Asociación de Repostaría Tradicional Melide Terra Doce:
1º premio: 500 € en metálico + lote de produtos da repostaría da Terra de Melide.
2º premio: circuíto termal para dúas persoas no Balneario Río Pambre + lote de produtos da repostaría da Terra de Melide. 
3º premio: lote de produtos da repostaría da Terra de Melide.

Pode consultar a totalidade das bases en http://concellodemelide.gal/avisos.html