Ruta gastronómica do pincho de Redondela 2017

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PON EN MARCHA A 6ª RUTA GASTRONÓMICA DO PINCHO DE REDONDELA.

30 PINCHOS EN 30 ESTABLECEMENTOS DE TODO O MUNICIPIO E 10 DÍAS PARA SABOREALOS TODOS.

O Pazo de Santa Teresa albergou a presentación dos 30 pinchos participantes nesta sexta edición na que os protagonistas foron os propios hostaleiros que realizaron unha breve presentación dos seus pinchos. Nos foron achegando a súas cociñas na medida na que nos ían contando cómo se elaboran, cal é a singularidade do seu pincho, con que produtos se elabora ou cómo se lle ocorreu a idea e así descubrimos pinchos pensados para celíacos, pinchos que desafían a lei da gravidade para acabar empapados na súa propia salsa, texturas e sabores para sorprender como nunca a un prezo único de 2,75€ con consumición incluída no prezo.

Para seguir a Ruta a demais dos folletos que a clientela poderá atopar en todos os establecementos participantes na ruta poderán acceder a toda a información na APP REDONDELA DE CERCA. Unha nova aplicación para dispositivos móbiles na que ademais de toda a información sobre a ruta do Pincho poderemos atopar información sobre toda a programación cultural e de ocio de Redondela, información  sobre a toda a oferta comercial, promocións, ofertas e campañas da hostalaría de Redondela.

Puntuar os pinchos ten premio, as cartillas de selado, dispoñibles nos establecementos ou na web www.empresasredondela.com, permiten participar no sorteo de relaxantes premios: unha noite para dúas persoas ho Hotel Balneario Aguas Santas, con ruta termal, visita a adega Regina Viarum e Tren turístico pola Ribeira Sacra;  un pase para o circuito termal Talaso de Baiona con cea para dúas persoas e un pase para o circuito Termal do Balneario Palacio del Agua de Mondariz.  Para entrar nos sorteo deste premios so serán necesarios 6 selos e poderán cubrir tantas cartillas como queiras