viernes, 7 de abril de 2017

Semana Santa e Mercado do libro vello de Allariz

A Semana Santa de Allariz ao vivo acolle o I Mercadiño do libro vello

O Concello de Allariz, a través da concellería de Promoción Económica, Comercio e Turismo, organiza o I Mercadiño do Libro Velllo, co obxecto da dinamización cultural do casco histórico durante a Semana Santa.

O Mercadiño celebrarase na Praza Maior e na Praza de Abaixo de Allariz, o sábado 15 de abril, en horario en horario de 11:00h a 20:00h.

Con carácter xeral poderán participar no mercado todos os interesados, maiores de idade, a título particular que queiran expoñer e vender os seus produtos sempre que se trate de artigos de segunda man. Ademais reservarase un número de postos definido para librarías ou tendas de música que desexen expoñer os seus produtos descatalogados.

A solicitude estará dispoñible na páxina web do Concello de Allariz www.allariz.gal.  Dita solicitude deberá remitirse ao Centro de Promoción Económica a través do correo electrónico participa@allariz.com ata o 24 de marzo de 2017.

No hay comentarios: