Visitas guiadas y procesiones en la Semana Santa de Baiona

Visitas guiadas gratuítas en Baiona

Para esta Semana Santa, os responsables de Turismo xa deseñaron de forma gratuíta rutas guiadas o xoves 13, venres 14 e sábado 15 de abril, ás 11:30 horas. 

A saída será desde a Oficina de Turismo de Baiona (entrada ao Parador) sen que sexa necesaria a inscrición previa.


Semana Santa Baiona
Visitas Guiadas Turismo de Baiona

Durante aproximadamente unha hora e media, unha guía oficial de Galicia, especializada na materia e habilitada para tal fin, realizará cos participantes un percorrido polo Centro histórico de Baiona e Paseo Ribeira. Entre outros lugares visitaranse o Encontro entre Dous Mundos, Convento das Dominicas, Capela da Misericordia, Ex-Colexiata de Sta. María e a Capela de Santa Liberata.

A Concellería de Turismo organiza cada ano estas visitas para ofrecer ao visitante unha visión máis profunda sobre a historia da Vila e os seus amplos recursos históricos, patrimoniais e naturais. 
Para máis información: Oficina de Turismo de Baiona.  
Tel. 986 68 70 67;  oficinadeturismo@baiona.org

Procesións de Semana Santa

Semana Santa Baiona 2017
Semana Santa de Baiona 2017
Este xoves e venres, días 6 e 7 de abril, comezou xa o programa de actos e cultos da Semana Santa baionesa coas conferencias coresmais na Capela da Misericordia organizadas pola Adoración Nocturna en colaboración coa Santa Casa.

A Concellería de Cultura e a Santa Casa de Paz e Misericordia  xa teñen pechadas as procesións da Semana Santa, que comezarán este domingo, Día de Ramos, coa tradicional bendición de Ramos e Palmas na Igrexa Conventual das Nais Dominicas (12:00 horas), para seguir coa procesión cara á Igrexa Parroquial.

O Xoves Santo (20:00 horas) sairá acompañada pola Banda de Música de Baiona, desde a Capela da Misericordia, a Solemne Procesión dos Pasos, organizada pola Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia.

Pola súa banda, o Vía Crucis na Igrexa Parroquial iniciará a xornada do Venres Santo (10:00 horas), desde onde sairá ás 20:00 horas a Procesión do Santo Enterro, acompañada pola Banda de Música de Baiona. Ás 23:00 horas sairá desde a Igrexa Parroquial a Procesión da Soidade (só para mulleres).

Xornadas gastronómicas na Lonxa

A Confraría de Pescadores de Baiona organiza entre os días 13 e 15 as Xornadas Divulgativas Gastronómicas na Lonxa. A mostra culinaria terá postos de artesanía, escenas mariñeiras (puxas públicas e degustacións) e obradoiros artesanais para familias.