Cita coa Historia nas Pontes de García Rodríguez

Spot promocional da IV edición da Cita coa Historia das Pontes

Os vindeiros días 16, 17 e 18 de xuño de 2017 no casco histórico de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), terá lugar unha nova edición deste evento de recreación histórica.

Nesta ocasión a Romanización de Galicia centrará a temática do evento, traendo ás rúas pontesas diferentes espectáculos de recreación histórica, actividades para nenos e maiores, concertos, pasarúas, teatro, cetrería, artesanía en vivo e moitas máis sorpresas.

Achégate a coñecer a nosa vila e a nosa historia!