Día do Comercio de Laxe

Sábado 27 de maio, celebración do I Día do Comercio de Laxe

Durante todo o día por cada 2€ de compra en locais colaboradores participarase no sorteo dun xantar ou cea no Mar de Ardora e 2 décimos de lotería de Nadal do Estanco Casa López.      
Día do Comercio Laxe

A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, promove por vez primeira a organización do Día do Comercio, en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, e o empresariado local.   

Os comercios colaboradores son: Floristaría Rebeca, libraría Torre Penedo, Perruquería Azabache, Clínica Dental Laxe, Dorna, Ferretería Sergio, Parafarmacia Alquimia, A Tenda do Centro, e Estanco Casa López.   

Os negocios de hostalería colaboradores son: Rivera, Mar de Fondo, O Bocho, Plaza, Casa do Arco, Cervecería de Laxe, Áncora, A Despensa, Zurich, O Escaravello, A Diario, O Reino de Loki, e O Ben Me Sabe.   

Con motivo desta celebración, o sábado 27 de maio os consumidores destes establecementos recibirán un ticket por cada dous euros que consuman, co que entrarán no sorteo dun xantar ou cea no restaurante Mar de Ardora e de dous décimos de lotaría de Nadal do Estanco Casa López.   

Pola mañán, ás 11.00, no Museo do Mar, será a presentación oficial da Asociación de Comercio e Hostalería de Laxe “ComerLaxe” e tamén da súa imaxe corporativa.