Semana da música Coruña 2017

II Semana da Música que se celebra do 12 ao 18 de xuño na Coruña

Reunirá en diferentes espazos da cidade de Coruña do 12 ao 18 de xuño unha programación de obradoiros, charlas e debates, ademais dunha oferta de concertos e outras actividades culturais para o público.

A organización da Semana da Música adiantou os que serán os principais eixos da súa segunda edición. En primeiro lugar, unha carteleira de cinco concertos que terán lugar en cada unha das salas coruñesas asociadas a Clubtura, organizados en colaboración co programa AIEnRuta, a Fundación SGAE e Son Estrella Galicia: Joana Serrat, o mércores 14 no Bâbâ Bar; Abe Rábade, o mércores 14 no Jazz Filloa; Pablo Und Destruktion, o xoves 15 na Sala Mardi Grass; Troundra e The Tyrell Corporation, o venres 16 no Playa Club; e Nathan Fake, o sábado 17 no Garufa Club,

A estas citas coa música en directo súmanse outras propostas culturais para o público xeral, como unha exposición de fotógrafos locais, unha conferencia sobre a arte do videoclip e a presentación do libro La cara oculta de la luna: las 50 portadas esenciales del rock, de Xavier Valiño.

En canto ao programa estritamente profesional, durante a II Semana da Música daranse a coñecer e se debaterán os últimos datos cuantitativos do sector das salas de concertos tanto a nivel español como europeo, entre outros aspectos que se abordarán nos diferentes talleres, charlas e mesas redondas do encontro.