Sobreiras da Ascensión Salceda de Caselas

Na parroquia de Entenza, no barrio da Ascensión Salceda de Caselas atopamos unha capela bautizada co mesmo nome cunha espectacular formación de sobreiras na súa cercanía.

O conxunto está formado por 5 árbores .

O recinto está formado por un palco situado no noroeste, cun pequeno torreiro pavimentado na fronte; unha zona con asadeiros e mesas de pedra e a zona principal, que é a da Capela da Asunción rodeada polas sobreiras.

A idade estimada destas árbores é de 400 anos. Ademais do valor ecolóxico destas árbores, dado o seu gran tamaño e espectacular porte, hai que destacar o seu valor histórico, pois posiblemente as sobreiras foran plantadas na época en que se construíu a capela ala polo 1604.

Sobreiras da Ascensión Salceda de Caselas