Tapearte A Guarda pinchos e tapas

Unha ruta nos 23 restaurantes e bares participantes. Esta ruta celebrase os venres, sábados e domingos ata o 18 de xuño co horario de12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 22.00 horas.



Recorda solicitar o teu pasaporte, selar nos establecementos onde degusta a tapa e marcar a túa valoración. Deste xeito serás parte do xurado que decidirá que establecemento elabora a Mellor Tapa de TAPEARTE 2017.

En agradecemento a túa participación na ruta e no concurso poderás optar a agasallos. Haberá un premio directo aos entreguen o pasaporte con un mínimo de 15 selos, o premio é un pack de reloxo e bolígrafo do deseñador Antonio Miró e terán que recollelo na Oficina de Turismo. Tamén haberá un sorteo de 9 mochilas e 9 altavoces inalámbricos entre os pasaporte entregados nas urnas e que conteñan os datos de contacto completos e un mínimo de 7 selos. Haberá urnas para depositar os pasaporte nos establecementos adheridos e na Oficina de Turismo do Concello.

Organiza Concello A Guarda coa colaboración dos 23 restaurantes e bares da Guarda. Patrocina: Disramo.