Abonos Teatro Afundación Vigo de setembro a decembro

Afundación comeza a venda dos abonos para a Tempada de Teatro de setembro a decembro  

 José Sacristán, Lola Herrera ou Fernando Guillén Cuervo son algúns dos intérpretes que visitarán o Teatro Afundación de Vigo nesta tempada
 Os abonos, que supoñen un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas, poderanse adquirir do 21 de xuño ao 3 de setembro no teléfono 902 504 500

Afundación pon á venda os abonos para a Tempada de Teatro de setembro a decembro no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). Os abonos estarán dispoñibles do 21 de xuño ao 3 de setembro e as adquisicións poderanse realizar no teléfono 902 504 500. Aquelas persoas abonadas a tempada anterior poderán adquirilos os días 19 e 20 de xuño e contan coa posibilidade de conservar o mesmo asento se así o desexan. Os abonos supoñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete individual. Ademais, Afundación conta cunha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e xente nova que supón unha rebaixa adicional dun 10 %.

Obras da Tempada de Teatro 2017 de setembro a decembro

Muñeca de porcelana, de David Mamet. Sairá á escena o 22 de setembro ás 20.30 h. Dirixida por Juan Carlos Rubio e cun elenco conformado por José Sacristán e Javier Godino.  
La velocidad del otoño, de Eric Coble. Baixo a dirección de Magüi Mira e un elenco conformado por Lola Herrera e Juanjo Artero, poderá verse o 27 de setembro a partir das 20.30 h.  
MOFA & BEFA con Cranios privilexiados... ou Crítica da Razón Perralleira, de Carlos Santiago, Pepe Sendón, Manolo Cortés e Quico Cadaval, dirixida por Carlos Santiago. Programada o 19 de outubro ás 20.30 h.
Prefiero que seamos amigos, de Laurent Ruquier, dirixida por Tamzim Townsend e con Lolita Flores e Luis Mottola. Sairá a escena o 16 de novembro ás 20.30 h.
Oleanna, de David Mamet. Dirixida por Luis Luque e cun elenco conformado por Fernand Guillén Cuervo e Natalia Sánchez, clausurará esta tempada o 13 de decembro ás 20.30 h.