Concertos Festas de Ourense 2017

Calendario concertos festas de Ourense 2017

Vinteún concertos en nove días. Así poderíamos resumir a programación musical das Festas de Ourense, unha carteleira na que se tratou de conxugar diferentes estilos musicais, artistas e sensibilidades para que todos os gustos poidan ter o seu reflexo no programa.

Os vinteún concertos programados nos 9 días de Festas de Ourense son todos gratuitos, salvo o de Sweet California.


Este grupo punteiro entre o público xuvenil actuará no Xardín do Posío o 30 de xuño e o prezo da entrada é de 5€ en venta anticipada e 7€ en taquilla... un prezo moito máis asequible que noutras capitais, onde os prezos superan os 20 euros de media.

O resto de concertos serán na Praza Maior e nas prazas de San Martiño e do Ferro.

Comezando polos da Praza Maior, que serán todos ás 22.30 horas, abrirá as festas o día 24 de xuño, Iván Ferreiro. “Coido que pouco hai que dicir sobre o que fora líder de Los Piratas, a tenor da gran expectación que está a levantar o seu concerto na nosa cidade”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez, quen relatou toda a programación.

Ao día seguinte (25 de xuño), serán Los Puntos, grupo pop moi célebre dos 70, os encargados de amenizar a noite.
O día 26 de xuño, La Edad de Oro del Pop Español, sen dúbida unha cita na que moitos corearemos os grandes himnos da música pop deste país.
A Praza Maior entonará “Un rayo de sol” ao compás de Los Diablos, que serán os cabezas de cartel da xornada do 27 de xuño.
Ao día seguinte, o 28 de xuño, será unha velada adicada ao rock con The Blind Crows e Burning.
O xoves 29 de xuño será o turno para Caxade, Orquestrada e Sonoro Maxín, bandas imprescindibles no panorama galego.
O 30 de xuño. O grupo pop galego Esposa teloneará á banda  indie rock León Benavente.
E o día 1 de xullo, a música electrónica chegará da man do ourensán Jonathan Míguez Vázquez, máis coñecido como “John Axiom Band” e Carlos Jean.
Na Praza de San Martiño haberá música tamén a esgalla, sempre ás 20:00 horas: Comezará o 25 de xuño coa Coral de Ruada e a colaboración de Toxos e Froles de Ferrol e Abertal da Rúa.
Ao día seguinte, concerto e poesía da man de Cinta Adhesiva.
As versións de grandes éxitos correrán a cargo de Tonichi e Pacheco o día 27.
As voces de Xestreu amenizarán a Praza de San Martiño o día 28 e, ao día seguinte, tocaralle o turno ao Pop Rock The Shivas.
O día 30 o flamenco terá o seu protagonismo da man de Diego Pacheco “Mesteño”.
E, finalmente culminarán estes concertos De Vacas coas súas versións de grandes éxitos, o día 1 de xullo.

O terceiro enclave “musical” das Festas de Ourense será a Praza do Ferro, onde todos os concertos serán ás 21:00 horas. Comezará Bifannah, grupo con integrantes de Reino Unido, Barcelona e Galicia, co seu pop rock o día 28 de xuño.
Ao día seguinte, será o turno do rock de Tractor Troy.
O 30 de xuño Pardo fará as delicias dos amantes do pop-rock, mismo estilo de The Wallas, que culminará esta serie de concertos o día 1 de xullo.