Espazo Fortaleza Goián, Tomiño

O Espazo Fortaleza de Goián, en Tomiño, situado nas orillas do río Miño

No verán de 2012 abriuse o “Espazo Fortaleza” ao público. Un espazo diferente, deseñado polo arquitecto Pablo Gallego Picard, e que foi distinguido con importantes premios de arquitectura, urbanismo e paisaxe.

Espazo Fortaleza Goián, Tomiño

Desde a súa apertura, foron moitos os veciños e veciñas que visitaron o lugar, procedentes do propio municipio, pero tamén da comarca e doutros puntos de Galicia. É un dos lugares máis concorridos da comarca e non é de estrañar; a praia fluvial na que se pode pasar un bo día de verán; as terrazas dende onde contemplar as augas do río Miño: o antigo forte no alto coas súas impresionantes murallas…

Sen dúbida, un lugar para redescubrir cada primavera e cada verán. Un lugar precioso para disfrutar en familia, os máis pequenos poderán correr e xogar e disfrutar deste espazo natural.