Festival Ribeira Sacra 2017

 17RibeiraSacra 1º festival internacional de música que ten a Ribeira Sacra. 

Terá lugar os días 28, 29 e 30 de xullo en espazos emblemáticos de Monforte de Lemos e Sober.

17º Ribeira Sacra combina a música de artistas nacionais e internacionais coa promoción patrimonial, natural, vitivinícola, gastronómica e económica dos establecementos da zona. 

E é que inclúe concertos no Miradoiro de Santiorxo, no Parador de Monforte, no embarcadoiro de Doade ou nas bodegas, entre outros; así como visitas guiadas, roteiros, catas de viño e degustacións de produtos autóctonos.  

Facilítanse espazos gratuítos de acampada na cidade do Cabe.  Máis información na web 17ribeirasacra.com.

Cartel de música:

O cartel conta cunha amplia representación galega formada por cantantes como Iván Ferreiro e Néstor Pardo, as bandas Novedades Carminha, Os Amigos dos Músicos e Best Boy e o grupo de jazz Sumrrá, aos que se suma o intérprete de zanfoña Germán Díaz, un vallisoletano asentado en Galicia. 

No programa figuran ademais a cantante andaluza Virginia Maestro, o músico madrileño Ángel Stanich, o cantante e compositor estadounidense Matthew Stephen Ward e as bandas The Magic Numbers, de Inglaterra, e The Wellgreen, de Escocia.