Fora do mapa cultura e arte en Ferrol

FORA DO MAPA, nas rúas de Ferrol do 5 de 11 de xuño

Fóra do Mapa pretende, precisamente, pór Ferrol no mapa escénico e artístico de Galicia, apuntan desde a organización. Entrar a formar parte do roteiro de festivais de arte do país e, para iso, contaremos coas actuacións dunha escolma de compañías galegas, que faltaron da programación ferrolá nestes derradeiros anos, contando á súa vez co grande talento local na escena e con convidados doutros puntos do estado.

Fóra do Mapa busca ser o punto de unión dos profesionais da escena, artellar redes entre aqueles que traballan na comarca, divulgar o teatro contemporáneo, e pór en valor o noso patrimonio arquitectónico a través da axitación artística.

Nesta segunda edición, o festival terá lugar en distintas localizacións do barrio ferrolán de A Magdalena, coa sede central no edificio do Centro Cultural Torrente Ballester.

Pódese consultar toda a programación na web www.foradomapa.net. Ocupará distintos espazos emblemáticos como o Teatro Jofre, o CTB, o forno Galiano, a ferrallería Sanchís, en Ferrol Vello e os xardíns do Parador. Entre as novidades a destacar nesta edición, o obradoiro de Adolfo Simón, a presenza da compañía Señor Serrano, e o autoroteiro guiado de Lúa Gándara.