Muiño de vento de Campo da Torre Ortigueira

Muiño de vento de Campo da Torre en Ortigueira

Atópade no máis alto do outeiro que domina a Vilad e Ortigueira sobre o barrio do Ponto.

Tras décadas en estado ruinoso e oculto tras eucaliptos, o muiño de vento foi reconstruído de xeito fidedigno pola Fundación Ortegalia no ano 2005.

De corpo cilí­ndrico, cuberta xiratoria e con catro pares de aspas, quen ascenda á zona verde e visite o inmoble poderá descubrir a impresionante engrenaxe que conserva as dúas pedras de moer, unha para o trigo e outra para o millo. .

O emblemático muiño foi construí­do no ano 1888 nun lugar de marcado interese arqueolóxico. Non en balde, neste emprazamento levantouse, no seu día, un poboado castrexo  e posteriormente unha fortaleza medieval reformada na época moderna.