Ruta en Bicleta por A Illa de Arousa

Unha forma de coñecer a Illa é utilizando a bicicleta, para iso, este municipio conta cunha serie de tramos onde poder facer cicloturismo. 

Comezando por cruzar a ponte podemos percorrer unha parte da orografía da Illa. Poderemos facer rutas en bicicleta bordeando prácticamente toda a Illa.

O noso punto de partida e de fin vai ser o entorno do Bao. Iniciaremos esta andaina na Praia da Canteira ata chegar ó Porto principal da vila, o Porto do Xufre, pasando polo entorno da Sapeira, Cabodeiro, Furado e Aguiuncho onde poderemos ver estampas tan mariñeiras como as dornas, portos, bateas e como non as súas xentes traballando no mar. 

Continuaremos polo Paseo Marítimo do Xufre ata chegar o entorno de Area da Secada, bordeando así a zona norte da Illa, e contemplar o outro lado da Ría de Arousa. 

Retomaremos esta ruta no Paseo Marítimo da Ribeira do Chazo continuando pola Abilleira para chegar ó Espazo Natural do Carreirón, percorreremos esta paraxe protexida e continuaremos pola beira das praias observando esa ponte de dous kilómetros de lonxitude até chegar de novo ó Bao.