De paseo por Arou

Arou está situado na parroquia de Camelle, dentro do mesmo núcleo de Arou, está bordeada por un fermoso paseo marítimo.

É unha praia de 130m de lonxitude e unha anchura de 455m; de contorno urbano con forma de enseada en base de area de fina cor gris-branca de natureza silícea-micácea e calcárea. Aínda que se atopa nunha zona onde o mar bate con especial forza, esta praia caracterízase polas súas tranquilas augas e por ser pouco ventosa.

Ao seu fronte temos as illas Lobeiras, onde medra o marisco máis prezado nas cartas gastronómicas, o percebe, que require de zonas batidas. A historia deste pobo conta con numerosos naufraxios ocorridos nas súas costas, como o do Santa María, C. Monteagudo ou o do Nill no ano 1927.

Este último levaba unha carga moi variada que foi chegando á costa e foi recollida polos veciños dando lugar a moitas e curiosas anécdotas.