Festas María Pita Coruña 2017

Festas María Pita 2017 cartel e programa

As festas se desenvolverán dende o martes, 1 de agosto, até o domingo 27.


A persoa encargada de dar o pregón de inicio das festas, o martes 1 de agosto, ás 21.15 horas na Praza de María Pita, será o deportista Fernando Romay. 

Destacamos o Festival Noroeste Estrella Galicia, que celebra a súa edición número 31 entre o 8 e o 13 de agosto e que contará coa celebración de máis de 100 bandas e artistas (sendo máis do 50% do cartel de orixe galega) que actuarán en 15 espazos distintos da cidade.

As Noites de María Pita contarán con actuacións que "buscan reforzar o eclecticismo destas festas, dando unha oferta ao alcance de todos os públicos". Xoel López dará o concerto inaugural, o martes 1 de agosto.

O 14 de agosto terá lugar a tradicional Batalla Naval, que se celebrará no Paseo Marítimo.

Viñetas desde o Atlántico, cumpre 20 anos, e esta edición conta cunha ampliación de espazos e un espectáculo audiovisual, entre outras novidades. Esta terá lugar entre o 7 e o 13 de agosto.

Descarga a programación das Festas de María Pita 2017 aquí.