Horario verano Museos Científicos Coruñeses

Desde o pasado sábado 1 de xullo, os Museos Científicos Coruñeses abrirán as súas portas en horario de verán.

Así, e até o 31 de agosto, a Casa das Ciencias e a Domus abrirán, de luns a venres, en horario de 10.00 a 19.00 horas, e nas fins de semanas e festivos entre as 11.00 e as 19.00 horas.

Pola súa banda, o Aquarium Finisterrae prolongará unha hora máis o seu horario habitual, de xeito que estará aberto ao público desde as 10.00 e até as 20.00 horas de luns a venres, e de 11.00 a 21.00 horas os sábados, domingos e festivos.

O acceso ao recinto do Paseo Marítimo pecharase unha hora antes.