Mausoleo neogótico do cemiterio de San Froilán

LUGO CONTA CO MELLOR MONUMENTO FUNERARIO DE ESPAÑA

O mausoleo neogótico situado á entrada do cemiterio lucense gañou o certame por máis dun cento de votos con respecto ao segundo máis votado, o que contribuirá a aumentar o atractivo turístico do municipio.
Mausoleo cemiterio Lugo
Mausoleo neogótico cementerio Lugo

O mausoleo neogótico situado á entrada do cemiterio municipal de San Froilán, unha das construccións máis emblemáticas do recinto, resultou gañador do concurso para elixir o mellor monumento arquitectónico funerario de España, o que contribuirá a aumentar o atractivo turístico
do municipio.

Este certame organizado pola revista Adiós Cultural, financiada e editada por Funespaña, ten como obxectivos a potenciación de actividades culturais en torno aos cemiterios, a posta en valor do
patrimonio funerario e a súa divulgación.


O mausoleo neogótico do cemiterio de San Froilán data da segunda metade do século XIX, sendo construído arredor do 1870 aproximadamente. Pasou a formar parte do patrimonio municipal no ano 2012, mediante unha cesión da familia de Armando Durán Miranda, persoa moi vinculada con este Concello, que ostentou a titularidade da concesión administrativa daquel ata o seu falecemento. Este monumento presenta características propias da arquitectura historicista cunha marcada tendencia ao estilo neogótico e a súa construcción atribúese a Cobreros, arquitecto lucense que liderou a actividade constructiva da época marcando as liñas das novas tendencias arquitectónicas. Como características relevantes desta construcción destacan o arco oxival da fachada principal decorado con rosetas (recurso artístico de orixe romana, posteriormente recuperado no Renacemento e no Barroco) e enmarcado con pilastras coronadas por capiteles que imitan a decoración propia do estilo corintio. Os vans laterais aparecen encadrados nun arco oxival subdividido por pilastras con capiteis de inspiración corintia que sosteñen un óculo adoviado con motivos de flor de lis.