Pepe Capelán presentador da 34 edición da Carballeira

PEPE CAPELÁN SERÁ O PRESENTADOR DA 34 EDICIÓN DA CARBALLEIRA

·         O recoñecido humorista e colaborador do programa da TVG, Bamboleo, será o mestre de cerimonias, venres e sábado.
·         Ademáis o grupo musical do que forma parte, Fillos do Estramonio, serán os encargados de abrir o recoñecido festival.

A 34 Edición da festa da Carballeira vai contar con un mestre de cerimonias excepcional; o recoñecido humorista e colaborador do programa Bamboleo da TVG, Pepe Capelán. Capelán, asiste habitualmente a Carballeira, e segundo as súas verbas: “supón para min un orgullo poder estar no escenario dunha das festas con máis arraigo do panorama musical galego e internacional. Levo anos vivindo a Carballeira como espectador, e pódese dicir que cumplo o soño de subirme ó escenario como presentador, e tamén como músico. Ó mesmo tempo tamén é unha grande responsabilidade compartir cartel con grupos como Gwendal, Radio Cos ou Milladoiro”.

Tal como indica o humorista nas súas palabras, a banda da cal forma parte, Fillos do Estramonio, serán os reponsables de abrir o festival o venres día 4 a partir das 21:00h. 

Capelán destaca tamén a traxectoria da festa, unha das máis relevantes do panorama tanto nacional como internacional: “O máis importante para min é, dende logo, poder disfrutar un ano máis da Festa da Carballeira, e sobre todo, ver como ano tras ano segue máis viva que nunca. So espero que nos respete a climatoloxía e que un ano máis a xente encha a Carballeira como acostumbra”. 
A presenza desde grande artista vai encher a Carballeira de humor e máis alegría si cabe.

Venta online de entradas:

Ainda se poden conseguir as entradas online da festa na páxina: http://www.festadacarballeira.com/entradas/ . Si se mercan os abonos de dous días por este canal, todos os festivaleiros conseguiran gratis unha mochila, polo mesno prezo, 15€.