Castros de Neixón Boiro

Castros de Neixón

Na parte más setentrional da ría de Arousa, localízase un área arqueolóxica de gran interese, declarada Ben de Interese Cultural en 2011.  

Trátase da zona arqueolóxica dos Castros de Neixón. Nunha pequena península que penetra na Ría, localízanse dous pequenos asentamentos castrexos, un deles foi habitado fai máis de 2500 anos, e as súas raíces aséntanse na transición entre a Idade de Bronce e a Idade de Ferro. Foi un dos primeiros xacementos arqueolóxicos galegos intervidos con técnicas e métodos que poderíamos considerar os albores da arqueoloxía como disciplina. Sucedeu nas primeiras décadas do século pasado, e participaron nelas os que hoxe en día se consideran parte dos pais da arqueoloxía galega, D. Fermín Bouza Brey e D. Florentino López Cuevillas. 

Estes primeiros datos obtidos durante as excavacións arqueolóxicas servirán para publicar a primeira síntese científica da prehistoria e protohistoria galega.

O outro castro, o Grande, foi ocupado máis tardiamente que o Pequeno, posiblemente con posterioridade ao abandono deste, e grazas ás investigacións realizadas sabemos que foi abandonado tardiamente como lugar de asentamento, quizais entorno ao século III d.C. aínda que posteriormente esta zona servirá para aloxar unha pequena necrópole tardo-antiga que está en proceso de investigación nestes momentos.