Momentos Viña Costeira Noite das Perseidas

Noite e música, estrelas e viñedos, ¿pode haber algo máis extraordinario?



Será a noite do 18 de Agosto nunha xornada na que visitaremos de noite a nosa adega, cunha cata de viños e compartindo unha experiencia gastronómica diferente, para rematar ca observación guiada da noite das Perseidas dende o noso marabilloso viñedo* de San Cibrao e con moitas sorpresas.

Quedades convidados o día 18 de Agosto ás 21:30 na entrada principal da adega Viña Costeira, para vivir unha noite diferente e chea de sorpresas.

¡Vémonos na noite das Perseidas!

*Transporte ao viñedo en bus incluido.

Info: Viña Costeira