Sesión Vermú premium A Carballeira

A CARBALLEIRA FARÁ UNHA SESIÓN VERMÚ DO MÁIS PREMIUM

·       Servirase un dos vermús feitos en Galicia a partir de monovarietales galegos. 

·       Esta sesión estará acompañada pola animación de tres grupos, orientados a un público máis familiar.  

A xornada do sábado día 5 de agosto, na Festa da Carballeira comezará as 14 horas do xeito máis tradicional: con unha sesión vermú. A mesma será protagonizado por un vermú galego, feito a base de monovarietales galegos, e servido da man dun cocteleiro, experto en facer o servido óptimo do vermú, gracias ao “perfect serve” de cada unha das tres variedades que se servirá: branco, tinto e negro. 

Esta sesión estará amenizada por tres grupos orientados fundamentalmente a un público máis familiar: Dequenvessendo, Fanfarria Taquikardia e Cé Orquestra Pantasma. O vermú acompañarase da mexilloada gratuita e darase paso a foliada. 

Todo esto será o previo do día, cuxo plato forte chegará a partir das 21:00h, momento no que comenzarán os concertos de Radio Cos, Milladoiro que actuarán por vez primeira na Carballeira, Moxie e Rare Folk. 

Con esta acción, a Carballeira, une a tradición da festa coas novas tendencias, como é a volta ao consumo destes produtos feitos do xeito máis tradicional. 

Venta online de entradas:

Ainda se poden conseguir as entradas online da festa na páxina: http://www.festadacarballeira.com/entradas/ . Si se mercan os abonos de dous días por este canal, todos os festivaleiros conseguiran gratis unha mochila, polo mesno prezo, 15€.