Venres de agosto Troula en Cambados

OS VENRES DE AGOSTO SERÁN DE TROULA EN CAMBADOS

Despois da Festa do Albariño, a diversión non para en Cambados. Durante os venres de agosto, terán lugar os Seráns de Troula, unha serie de concertos dirixidos ao público xuvenil que contarán coa presenza de grupos e artistas emerxentes, de estilos moi variados.

O primeiro dos concertos terá lugar o venres 11 de agosto, na praza de Alfredo Brañas. Será un Serán de Rock, e contará coas actuacións de MJ Band e Ivy Moon.

O 18 será o turno do Serán de Country, esta vez na rúa Real, con Iván Caride e los Tonycash.

E para rematar, teremos un Serán de Reggae na praza de Alfredo Brañas, con High Paw e Crespo. Esta festa final contará coa actuación especial, como grupo convidado, de Los Primos Montiel, que ofrecerán unha fusión de ritmos latinos, flamenco-jazz e rumba.

Diversión asegurada os venres de agosto en Cambados!