Concurso de Tapas de Lugo 2017

Comeza o XIII Concurso de Tapas de Lugo, que acollerán un total de 40 establecementos hosteleiros da cidade do 1 ao 17 de setembro.

Tapas nos 40 locales participantes en horario de 13:00 a 15:30 y de 20:00 a 22:30 y hasta el día 17 de septiembre.

 Serán pois,17 días nos que degustar o mellor da gastronomía local luguesa en pequenos bocados, así como catar os manxares dos cociñeiros e cociñeiras da hostelería da cidade, que darán o mellor da súa imaxinación para poñer en valor, a través de pequenas xoias gastronómicas, Lugo.

O Concello colabora con este colectivo nesta cita que manterá os mesmos prezos que o ano pasado, que van dende un aos tres euros cada tapa. Como novidade, a final celebrarase tamén en setembro, concretamente a fin de semana do 22, 23 e 24. A Fundación TIC da Deputación tamén apoia esta iniciativa cun vídeo promocional deste certame, no que se informa das datas do concurso, dos locais participantes e da súa localización no mapa da cidade.

Establecementos participantes

Os 40 locais participantes neste concurso, que conta coa aplicación móbil Quedamos de tapas, que se pode descargar a través de códigos QR, son os seguintes: 3 Pés, A Adega, A Laxa, A Rotonda, Abrente, Antas, Argallo, Arrocería Os Cachivaches, Brisay, Bulló Xantar, Campos, Canela Bakery Coffee, Casa D`Auga, Cunca do Cantiño, Curruncho A Nosa Terra, Diveca, Eduri, El Consulado, El Riba, España, La Cosechera, La Encina, Manuel Manuel, Medievo, Mesón Colón, Mesón El Castillo, Mesón Pulpería O Castelo, Millenivm, O Cincuenta e Seis, O Figón, O Mercado Street Food, Paprica, Parrillada Antonio, Parrillada Fonsagrada, Fonsagrada-As Gándaras, Porta da Estación, Taberna Daniel, Taberna dos Peña, Tía Julia e Tosar.

Más información na web oficial : XantardeTapas