PREMIOS DE CULTURA GALEGA REBULIR 2017

Reunido o Xurado dos Premios Rebulir, o día 31 de Agosto de 2017, na Sede do Centro Cultural Marcos Valcarcel da Exma. Deputación de Ourense, decidiuse por unanimidade conceder os seguintes galardóns:

Categoría de Música Galega: UXIA SENLLE
Pola súa longa e prolífica traxectoria no eido da música galega, proxectada alén das fronteiras do noso territorio.

Categoría de Cultura Galega: XOSE RAMÓN GAYOSO
Por ter contribuído a difusión e a posta en valor da cultura galega desde a plataforma audiovisual que supón o programa Luar da TVG.

Categoría Homenaxe: LOIS ANTÓN PÉREZ
Como recoñecemento a unha vida persoal e profesional adicada a literatura galega, en e desde Ramirás. 

O xurado estaba composto por: Sandra González Sousa (Presidenta da AC Rebulir); Alexandre Sotelino Losada (Director do FIR); Anxo M. Lorenzo Suárez (Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia); Rosendo L. Fernández Fernández (Vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense); Juan Carlos Rodríguez Matías (Alcalde do Concello de Ramirás); Antonio Piñeiro Feijoo (Secretario Fundación Curros Enriquez e Concello de Celanova) e Susana Durán González (Director Admin. do FIR); exercendo a Presidencia de Honra D. Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.  

Os Premios Rebulir de Cultura Galega están organizados pola asociación cultural que leva o mesmo nome en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Ramirás.  Dito galardón nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura galega nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este premio é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz.  

A entrega dos premios faise no marco da Gala central do FIR (Festival Internacional Rebulir) e consiste na entrega dun diploma acreditativo e dunha estatuílla que sempre elabora algún artesán ou artista galego.  Na presente edición esta celebración terá lugar o Sábado 16 de Decembro no Polideportivo de O Picouto (Ramirás).

Os premiados en pasadas edicións levan sido:
2016 - Leilía;  Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán e a Banda de Música de Ramirás
2015 - Kepa Junkera; María do Ceo e Susana Durán
2014 - Xosé M. Piñeiro e Xosé Diz
2013 - Rubén Riós e Celso Iglesias
2012 - Laura González (Maret)