Festival Espazos Sonoros Baiona

A EX-COLEGIATA DE SANTA MARÍA DE BAIONA ACOLLE O FESTIVAL ESPAZOS SONOROS

A Ex - Colexiata de Santa María de Baiona será, maña domingo 15 ás 20:00 horas, o escenario de luxo do Festival Espazos Sonoros. A Austrian Baroque Company ofrecerá un recital íntimo de música instrumental e vogal con obras, entre outros, de Bertali, Mealli, Schmelzer, Biber e Froberger.

A Austrian Baroque Company é unha formación de cámara austríaca de renome internacional especializada na interpretación de música instrumental e vocal europea dos séculos XVI a XVIII. Conformado por nomeados especialistas formados nas máis prestixiosas universidades de Europa, os seus programas tentan subtraer a música da súa retórica tradicional para lle transmitir ao público toda a súa emoción. Nestas tarefas destaca a carismática presenzado seu director, o virtuoso frautista Michael Oman. Desde a súa formación, en 2001, o grupo protagonizou concertos nas máis importantes salas e festivais internacionais de Europa, América e Asia, cun estilo persoal e inconfundible caracterizado por unha extrema viveza e emocionalidade que non deixa indiferentes os oíntes e que os levou, ao longo das dúas últimas décadas, a converterse nun dos referentes do panorama musical austríaco e a conquistar a escena musical internacional.

Con eles emprenderemos unha viaxe desde a Viena imperial do Kaiser Leopold I, ata Innsbruck, planeando sobre os cumes dos Alpes e botando unha ollada cara ao sur no outono dun Barroco que se comeza a sentir coa morte, en Viena, dun empobrecido e esquecido Antonio Vivaldi. Pequenas alfaias e saborosas exquisiteces musicais intemporais dunha incipiente “Unión Europa, arredor do 1700” que o Austrian Baroque Company rememora con toda a emoción e virtuosismo dos seus intérpretes.

Espazos Sonoros chega á súa décima edición cunha programación singular que nos convida a descubrir, co fío da música, valiosos lugares do patrimonio galego.

Espazos Sonoros dá aos baioneses e visitantes a oportunidade de respirar de vagar, de baixar o ritmo, de mirar o noso contorno e reparar no detalle. Todas esas sonoridades configuran esta programación, construída para unha percepción e unha vivencia a través dos cinco sentidos.

Espazos Sonoros abren a baioneses e vistantes unha canle para o turismo cultural de calidade nesta entrada do outono, unha boa motivación para achegarse hasta a Ex - Colexiata de Santa María de Baiona na procura da música, do descubrimento do patrimonio e do encontro coa natureza. Póñanse cómodos e anímense a coñecer e a goza esta fermosa proposta.