Programa Festas AS LUCAS MONDOÑEDO 2017






Día das Vésperas
Martes, 17 de Outubro 2017

Ás 13.00 h. Disparo de potentes bombas e volteo das campás maiores da S.I. Catedral B. anunciando o comezo das Feiras e Festas “As San Lucas 2017”.

Ás 18.00 h. SEGUINDO A TRADICIÓN, A CHEGADA DOS CABALOS POLAS RÚAS ATA A FEIRA, retransmisión e información a través dunha pantalla xigante situada na Praza da Catedral.

Os gandeiros xuntan os cabalos que estiveron todo ano pacendo en liberdade nos montes da comarca e en reas tráenos para a feira. Como dicía Cunqueiro “A egua nai montada por un xinete, detrás os poldros fillos do vento coas greas o ar”, que patean as pedras das rúas, algunha seguro que é a mesma que pisaron os primeiros cabalos que pasaron en 1156. Ás 18.45 h. PASO DOS CABALOS POLA PRAZA DA CATEDRAL.

(Lugares preferentes para ver o espectáculo en directo: Os Muíños, Rúa San Roque, Fonte Vella, Praza da Catedral, diante do Auditorio Municipal e chegada ao Campo da Feira).

Ás 20.00 h. Recepción oficial na Casa da Concello do pregoeiro e autoridades.

Ás 20.15 h. OFRENDA FLORAL na tumba do Mariscal Pardo de Cela na Catedral. O Grupo de Gaitas “O Arco da Vella” interpretará o Himno do Antigo Reino de Galicia. De seguido, a comitiva e a carroza das Sanluqueiras, acompañados polos xigantes e cabezudos e o grupo de gaitas, proseguirán cara ao Auditorio Pascual Veiga, onde terá lugar o PREGÓN DAS FESTAS.

Ás 20:45 h. PREGÓN a cargo do escritor e xornalista MIGUEL ANXO MURADO. Cunha ampla traxectoria nos eidos da literatura e do xornalismo, acadando importantes recoñecementos polo seu labor; Murado vincúlase a Mondoñedo a través da súa avoa materna ademais de ter escrito en numerosas ocasións sobre a fascinación que sente pola cidade, pola obra de Álvaro Cunqueiro e As San Lucas.

E como remate, actuación do CORO MESTRE PACHECO da Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo.

Ás 22.30 h. Lanzamento de potentes bombas que anunciarán a verbena na Alameda amenizada polas orquestras PANORAMA e GRUPO BEATRIZ.

Día de As San Lucas
Mércores, 18 de Outubro

A partir das 8.00 h. “GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR AS SAN LUCAS”. Campo da Feira.

Ás 11.30 h. Ruada a cargo do Grupo de Gaitas “SOUTO XÍMARO” na compaña das Sanluqueiras e cabezudos.

Ás 12.00 h. Recepción oficial no Salón de Plenos da Casa do Concello á Corporación do Excmo. Concello de Ferrol con motivo do Acto de Irmandade.

Ás 12:30 h. Obra “Gyrovágus” de Mircromina Títeres no Feiral. Se chove, na Casa da Xuventude.

Ás 13:30 h. ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO no Campo da Feira.

Ás 14:15 h. Sesión Vermú a cargo da ORQUESTRA PALLADIUM.

Ás 16.30 h. Xogos celtas e populares da Asociación O Cadaval na Alameda.

Ás 17.00 h. “Paiaso total” de duende Circo. Acrobacias e malabares. Desenvolverase polo Feiral e no caso de choiva, na Casa de Xuventude.

Ás 17.15 h. Ruada a cargo do Grupo de Gaitas “SOUTO XÍMARO”.

Ás 17.30 h. Apertura das inscricións para as carreiras de andadura galega serrada e chapeada. Recinto de A Granxa. Ás 18.00 h. CONCURSO DE ANDADURA GALEGA (LIBRE) nas modalidades Serrada e Chapeada. (non poderán participar trotóns).

Concurso de ANDADURA GALEGA nas modalidades de SERRADA (dous tempos).

Concurso de ANDADURA GALEGA nas modalidades de CHAPEADA (catro tempos).

Premios: 1°- 80€; 2°- 60€; 3°- 50€; 4°- 30€ para cada modalidade e trofeo ou medalla. Ao acabar a proba, entrega de premios e trofeos. Imprescindible presentarse co cabalo.

Ás 20.30 h. CONCERTO na Praza da Catedral do Gaiteiro Asturiano BRAS RODRIGO.

Ás 21.00 h. Dará comezo a festa-verbena amenizada polas Orquestras PALLADIUM e OS SATÉLITES.

Xoves, 19 de Outubro
Ás 11.00 h. Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.

Ás 11.30 h. Ruada a cargo de “OS CHARANGOS” de Neda.

Ás 11.45 h. Paiaso Piruleta & Cia con “Don Limpo”, no Feiral.

Ás 12.00 h. Espectáculo-demostración de talado artístico en madeira con motoserras a cargo de Marco Mariño, participante no simposio internacional en Tomsk (Rusia) e poda en altura no Campo da Feira. Haberá tirolinas e columpios para nen@s.

Ás 12.30 h. DEPORTE RURAL VASCO: exhibición de corta con brosa e serrón, horizontal, vertical, velocidade, competición entre aizkolaris no Campo da Feira.

Ás 12:30h. Misa solemne no aniversario da DEDICACIÓN S.I. Catedral B. de Mondoñedo (1243).

Ás 14.15 h. Sesión Vermú a cargo da Orquestra MIRAMAR.

Ás 15:00 h. XANTAR-BAILE no Pavillón Municipal de Deportes para a xente inscrita no Festival da Terceira Idade. Amenizará a festa a Orquestra PRINCIPAL.

Ás 16.00 h. Espectáculo-demostración de talado artístico en madeira con motoserras e poda en altura no Campo da Feira durante toda a tarde.

Ás 17.00 h. Pasarrúas a cargo de “OS CHARANGOS” de Neda.

Ás 17.00 h. Deporte Rural Vasco no campo da feira durante toda a tarde.

Ás 20:00 h. Sesión de contos para adultos: “O Medo é Libre”, de Ángeles Goás no Auditorio Pascual Veiga. Entrada de balde.

Ás 21.00 h. Na Alameda dos Remedios dará comezo a festa- verbena amenizada polas Orquestras NEW YORK e MIRAMAR.

Venres, 20 de Outubro
Ás 11.00 h. Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.

Ás 14.15 h. Sesión Vermú a cargo da Orquestra PRINCIPAL.

ÁS 18.00 h. “Contos a pé de rúa” na Alameda: Caxoto contacontos.

Ás 21:30 h. IV Edición do Festival VOCES DA PAULA, na Alameda, unha gala feita por Mindonienses. Ao seu remate continuará a verbena coas Orquestras GRAN PARADA e PRINCIPAL.

Sábado, 21 de Outubro
Ás 11.00 h. Ruada do grupo de música tradicional “O XOGARAL” de Burela.

Ás 11.00 h. Apertura da inscrición para o CONCURSO MORFOLÓXICO DE CABALOS E EGUAS DE PURA RAZA GALEGA: “GRAN FINAL DA COPA GALICIA P.R.G.”. Coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Campo da Feira.

Ás 11.30h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de P.R.G., Sección Sementais maiores de 3 anos.

Premios: 1°- 120€; 2°- 90€; 3°- 60€; 4°- 30€; máis trofeo.

Ás 12.30h. Concurso Morfolóxico de Cabalos de P.R.G., Sección Eguas maiores de 3 anos.

Premios: 1°- 120€; 2°- 90€; 3°- 60€; 4°- 30€; máis trofeo.

Ás 13.00 h. Entrega de premios e do Trofeo Institucional “Gran Premio da Excma. Deputación de Lugo”. O grupo de música tradicional “O XOGARAL” interpretará o himno galego.

Ás 13.30 h. Acto oficial de recepción da caravana de TRACTORES CLÁSICOS no Campo da Feira, onde quedarán en exposición. Colabora Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC).

Ás 14.15 h. Sesión Vermú a cargo da orquestra PONTEVEDRA.

Ás 17:00 h. Fútbol de 2ª Autonómica: Mondoñedo FC-Burela SD, no Viñas da Veiga.

Ás 17:15 h. Ruada do grupo de música tradicional “O Xogaral” de Burela.

Ás 17.30 h. Espectáculo de Doma Clásica “SINFONÍA ECUESTRE ALBORADA GALEGA EN HOMENAXE A PASCUAL VEIGA”. Asociación Pura Raza Cabalo Galego. No recinto da Granxa.

Ás 21.30 h. Dará comezo a festa-verbena amenizada polas Orquestras D’MODA e PONTEVEDRA.

Ás 23.00 h. Na Praza da Catedral GRAN CONCERTO do mítico grupo MEDINA AZAHARA. Previamente actuación de AIRBAND e postconcerto MARCOS PEÓN.

Domingo, 22 de Outubro
Ás 11.00 h. Disparo de potentes bombas que dan comezo á xornada festiva.

Ás 11.15 h. Recepción do CORO CÁNTIGAS DA TERRA da Coruña, diante da casa natal do músico PASCUAL VEIGA.

Ás 12:00 h. Ofrenda floral homenaxe a Pascual Veiga ante o seu mausoleo, no Cemiterio Vello.

Ás 12:30 h. No Auditorio Pascual Veiga.

–Homenaxe á sección mindoniense das Irmandades da Fala no centenario da súa fundación.

– Acto de entrega do Premio Mondoñedo10 2017, modalidade Poesía.

Pechará o acto o coro Cántigas da Terra, da Coruña. Ás 14.00 h. Sesión Vermú a cargo da orquestra JERUSALÉN.

Ás 17.00 h. ENCONTRO FOLCLÓRICO cos CATRO COROS HISTÓRICOS: CÁNTIGAS DA TERRA, da Coruña; DE RUADA, de Ourense; CANTIGAS E AGARIMOS de Santiago e TOXOS E FROLES, de Ferrol. Praza da Catedral.

Ás 17:30 h. Apertura da inscrición para o VI CONCURSO DE CABALOS TROTÓNS “As San Lucas”.

Ás 18:00 h. VI CONCURSO DE CABALOS TROTÓNS “As San Lucas”.

Premios: 1°- 110€; 2°- 90€; 3°- 70€; 4°- 50€; 5°- 30€; máis trofeo. 6°, 7° e 8° clasificados, trofeo.

Ao remate do Concurso, entrega de premios e trofeos. Imprescindible presentarse co cabalo. Recinto de A Granxa.

Ás 19.30 h. Dará comezo a festa-verbena amenizada polas Orquestra JERUSALÉN e o grupo PUNTO Y APARTE

Ás 20:00 h. TEATRO no Auditorio. A compañía de CÁNTIGAS DA TERRA presenta: “Un caso compricado” de Leandro Carré Alvarellos.