Musical La Familia Addams en Vigo

Musical La Familia Addams en Vigo
Reserva tus entradas en Ataquilla.com

Inaguración FairWay Forum Camiño de Santiago

FairWay, Forum do Camiño de Santiago, comeza mañá no Palacio de Congresos e Exposicións de Compostela

A inauguración oficial é ás 12:00 horas

Fairway, Forum do Camiño de Santiago, celébrase dende mañá e ata o martes 14 de novembro. A inauguración oficial será mañá domingo 12 de novembro ás 12:00 horas, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.

Estarán presentes Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña; Ángel Pérez, director territorial de Correos; e Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela; e os tres codirectores de Fairway: Ana Trevisani, Manuel Oreiro, e Tono Mugico.
A continuación realizarase un percorrido pola feira profesional, con paradas na exposición “Camiño branco-Camiño Antártico” e na “Área Correos”, onde entregaranse os premios do concurso fotográfico “Os Valores do Camiño” – Correos.

A xornada do domingo de Fairway está pensada para todo tipo de públicos e contará con distintas actividades, o luns e o martes o perfil do visitante é máis profesional.

A segunda edición de Fairway, Forum do Camiño de Santiago, celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Compostela entre o domingo 12 e o martes 14 de novembro, coa meta de ser o punto de encontro de todos os profesionais e interesados