Musical La Familia Addams en Vigo

Musical La Familia Addams en Vigo
Reserva tus entradas en Ataquilla.com

Pontedetapas 2017

Pontedetapas 2017 de tapas por Pontevedra

52 establecementos compiten nesta décima edición
Xa leva uns días en funcionamiento e extenderase ata o 19 de novembro
Unha oferta de 64 elaboracionss: 35 tapas tradicionais, 23 tapas creativas e 6 cócteles nesta edición


Modalidades
Premios do Xurado: Tapa Tradicional, Tapa Creativa e Cóctel
Premio do Público: Tapa Pontevedra

Prezo único
A túa tapa por só un 2 €,
e o teu cóctel, por 3 €
(Bebida non incluída)

Premio para o público
Vota a túa tapa ou o teu cóctel favorito. Hai dous premios de 500 EUROS agardándote!

Máis info en : http://www.pontedetapas.eu/

Haberá un Premio do Xurado que escollerá a mellor tapa creativa, a mellor tapa tradicional e o mellor cóctel. Será o profesorado do CIFP Carlos Oroza o encargado de probar todas as propostas e facer unha preselección de dez tapas e tres cócteles. Entre eses finalistas, un xurado profesional que se desvelará ao final do concurso escollerá ao gañador de cada unha destas modalidades.
Ademais, entre todas as tapas e cócteles presentados, ou público outorgará mediante votación popular o Premio do Público “TAPA PONTEVEDRA”, á proposta que máis represente a esencia da nosa cidade: no sabor, no aroma, nos produtos empregados…
O público emitirá os seus votos a razón dun único voto por tapa ou cóctel consumido, durante os días de celebración do evento, do 2 ao 19 de novembro. Poderá votar a través dun cupón de votación, en formato papel, ou a través da app Pontedetapas.
A TAPA PONTEVEDRA será a que represente á cidade de Pontevedra na terceira edición de “De tapas por Galicia”, o certame promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco da Comunidade entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes urbes galegas. E tamén terá como premio desenvolver un showcooking dentro da terceira edición da feira Etiqueta Negra. Gourmet Galego e Innovación Inspiradora, unha iniciativa do Concello de Pontevedra.
Como novidade desta edición, haberá un premio á mellor tapa con conserva de pescado e ou/marisco que patrocina ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas e Pescados). Os gañadores realizarán un showcooking no stand que a asociación conservera terá en Madrid Fusión 2018.
Pontedetapas dispón dunha app propia, gratuíta para o usuario, sinxela e intuitiva. Desenvolvida para iOs e Android, permite ver detalles dos locais e das tapas participantes, posicionándoos por xeolocalización no mapa. Ademais, tamén incorpora un sistema de votación popular, fiable e transparente, mediante a introdución de códigos (alfanuméricos e QR).
Mediante a súa votación, os clientes que consuman as tapas e cócteles a concurso poderán participar no sorteo de DOUS premios de 500 euros en vales para gastar no comercio/mercado local. Un primeiro premio desenvolverase por extracción ao azar dun cupón en formato papel de entre a totalidade dos recibidos. O segundo premio outorgarase entre os clientes que voten a través da app Pontedetapas.
Volverase a editar o Pasaporte Pontedetapas que garantiza un regalo seguro, (consistente nunha cea para dúas persoas valorada en 60,00 euros, a escoller entre todos os establecementos do concurso) a aqueles consumidores que o presenten selado por todos os locais participantes na Casa da Luz antes do día 30 de novembro de 2017.